A Cachena forma parte do patrimonio gandeiro de Galicia. Unha raza autóctona, de pequeno tamaño e gran rusticidade, que durante xeracións se adaptou ao noso clima, aos nosos montes e á nosa maneira de entender a gandería.
En Casa Cabodevila criámola con calma, respecto e coidado, priorizando o benestar animal e unha alimentación baseada nos recursos naturais da contorna. O resultado é unha carne suculenta, tenra e saborosa, co carácter que só pode ofrecer unha raza vencellada á súa terra.
Unha raza única. Unha maneira de criar. Unha carne con identidade galega.

