Casa Cabodevila é unha casa familiar situada na aldea da Ferrería, que pertence ao Concello mariñán de Riotorto, na provincia de Lugo.
Desde o século XIX hai constancia da tenza de animais para consumo e venda, tanto de gando vacún como de gando porcino. Ao longo do século XX, as seguintes xeracións mantiveron a tradición gandeira, chegando a contar tamén con gando de leite a finais do século XX e principios do XXI.
Coa incorporación de Pablo Cabodevila á explotación gandeira no ano 2017, decidiuse apostar por unha das razas máis rústicas, atraídos polo seu comportamento e pola calidade da súa carne: a raza Cachena.
En Casa Cabodevila gústanos a vida no rural, gozar do campo e de todos os seus produtos. Por iso apostamos por unha produción sostible e respectuosa, cun proxecto pensado para perdurar no tempo.


