Skip to main content

Casa Cabodevila. Calidade e tradición.

Casa Cabodevila é unha casa familiar situada na aldea da Ferrería, que pertence ao Concello mariñán de Riotorto, na provincia de Lugo.

Desde o século XIX hai constancia da tenza de animais para consumo e venda, tanto de gando vacún como de gando porcino. Ao longo do século XX, as seguintes xeracións mantiveron a tradición gandeira, chegando a contar tamén con gando de leite a finais do século XX e principios do XXI.

Coa incorporación de Pablo Cabodevila á explotación gandeira no ano 2017, decidiuse apostar por unha das razas máis rústicas, atraídos polo seu comportamento e pola calidade da súa carne: a raza Cachena.

En Casa Cabodevila gústanos a vida no rural, gozar do campo e de todos os seus produtos. Por iso apostamos por unha produción sostible e respectuosa, cun proxecto pensado para perdurar no tempo.

Ver os nosos produtos

Somos un negocio familiar

Temos un obxectivo claro, baseado no desenvolvemento sostible e no benestar animal.

Crianza en liberdade

Intentamos manter e respectar a tradición do sistema de cría e pastoreo en liberdade.

Alimentación tradicional

Alimentamos o noso gando de forma ecolóxica, como facían os nosos antepasados.

A carne máis fresca

Esta maneira de entender a gandería produce, sen dúbida, a carne da maior calidade.

Carne da mellor calidade, crianza tradicional e desenvolvemento sostible

Servizo a profesionais, distribuidoras,
carnicerías e hostalaría

Servizo a particulares
de forma rápida e sinxela

Logo Casa Cabodevila
Resume de privacidade

A nosa páxina web utiliza cookies para ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.

Así mesmo, podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e sobre a nosa política de privacidade AQUÍ.